Busqueda (En Blog e Internet)

jueves, 2 de julio de 2009

Que pasa na costa...

Dende febreiro non escoitabamos ao Comité de Empresa do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Pero as súas reivindicacións seguen a ser as mesmas que por aquel entón, e as solucións aportadas pola administración son nulas. Os celadores seguen sen aparecer.

O Comité ceense, desta volta, únese ao Sindicato SAE (Sindicato Auxiliares de Enfermería) do Hospital da Barbanza en Ribeira para pedir a incorporación dos ansiados celadores a ambos centros hospitalarios, unha reivindicación que xa debería de estar cuberta dende hai ano e medio, dende que as Fundacións Hospitalarias integráronse definitivamente no SERGAS. Enviaron así unha carta ao Rexistro da Consellería de Sanidade. E para apoiar o escrito, incliron tamén as 2.376 firmas de apoio recollidas en ambos os Hospitais.

Ambos comités denuncian a discriminación que supón este feito, e que non parece interesar en absoluto aos anteriores mandatarios (PSdG-BNG), e parece seguir o mesmo camiño cos actuais (PP),. Entrementres, a carencia de Celadores segue sobrecargando a día de hoxe aos traballadores do Centro Hospitalario.

Seguir leyendo...

Autor y enlace: Que pasa na costa