Busqueda (En Blog e Internet)

Mostrando entradas con la etiqueta Máis dun centenar de veciños maniféstanse en Cee por un decente servizo de pediatría. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Máis dun centenar de veciños maniféstanse en Cee por un decente servizo de pediatría. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de julio de 2009

Máis dun centenar de veciños maniféstanse en Cee por un decente servizo de pediatría

O mesmo día que a Xunta o aumento da xornada da pediatra de Cee, os veciños de Cee manifestan o seu malestar polo deficiente servizo. Xa son 5 meses nos que tan só 3 días á semana se ofrecía este servizo no Centro de Saúde de Cee, polo que as familias estaban nunha complicada tesitura.

A posición das familias vense agravada por outro dos problemas máis importantes que hai na vila da Xunqueira. O peche da escola infantil privada de Cee deixa orfos dun centro educativo a moreas de cativos.

Ante todo isto, a veciñanza ceense manifestouse hoxe, mércores 15 de xullo de 2009. Acodiron máis dun centenar de veciños cos seus pequenos para alzar a voz e pedir á Xunta que escoite as demandas do pobo. Semella que algo escoitou e o servizo comezará a traballar xa 5 días á semana, de luns a venres en horario de mañá.

Image


Más sobre esta noticia en: Que pasa na Costa