Busqueda (En Blog e Internet)

viernes, 23 de enero de 2009

O xerente do Hospital responde con contundencia ao Comité


Esta semana era o Comité de Empresa do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee o que continuaba coas súas críticas cara a Dirección. Desta volta acusaban á Dirección de escurantismo e de ocultar datos sindicais. O xerente do centro, Francisco Pazos, respondía tanto na Voz de Galicia como na Radio Nordés con contundencia.
"O comité ten intencións dirixidas máis a complicar a labor da dirección que a exercer as funcións que debe exercer un comité", así de firme se mostraba o xerente, quen asegurou que "esta denuncia de obscurantismo informativo se enmarca dentro de este proceso de política do comité co que estou totalmente en desacordo".
Pazos defendeu a labor de "todos os que estamos na dirección" e explicou a denuncia do comité de non recibir a información sindical solicitaba a tempo por un simple feito de "exceso de carga laboral do responsable de facer chegar esa información. Este ano hai moito persoal novo para adecuarnos ao Sergas, polo que retraso nas súas peticións é normal, non é negación. Ademais todos os informes están colgados en internet nas páxinas do Sergas".
Calificou de "inmadura" a política do comité e sinalou que "existen uns membros con distintos intereses". Cargou, sen nomes contra algún membro: "levamos meses para preparalo ao Sergas, pero hai algún que non están dispostos", afirmaba. "Hai algún que quere cobrar a nómina sen poñerse a bata e iso non vai ser. Van ter que dar os resultados que se esixen, sexas médico, admisitrativo, ou xerente", avisou.


Autor y enlace:Que pasa na Costa