Máis de medio centenar de traballadores do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee participaron da concetración protesta convocada polo Comité de Empresa. Superando mesmo as espectativas do propio comité, traballadores de todas as categorías mostraron a necesidade do aumento de persoal.
O tema dos celadores segue a ser o cabalo de batalla. Unha batalla que vén de lonxe, e podemos lembrar os paros do pasado decembro tanto do PAC coma do propio comité esixindo novas contratacións. I é que xa van varios meses dende que o hospital integrouse definitivamente no SERGAS, e mentres que outros hospitais coma o Salnés xa contan con 18 novos celadores dende comezos deste mes, en Cee non teñen nin data aproximada da súa chegada.
O seguimento mostra ás claras a opinión dos traballadores, como o reflicte a enquisa realizada polo Comité entre 94 dos 242 traballadores do hospital. Nel podíanse extraer conclusións como que o 89% dos enquisado pensan que o persoal non é suficiente.
Así e todo, foron moitos os traballadores, nun alarde de galeguismo, quedaron dentro sen participar da protesta por medo a represalias. Por fóra, a frase era "quen non chora non mama, pero é que a realidade é que necesitamos xente".

Autor: Que pasa na costa