Os problemas do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee semella que non son tan fáciles de solucionar. As protestas do Comité de empresa continúan malia que o xerente, Francisco Pazos, asegure que a chegada dos celadores é inminente e que ademais non depende da dirección do hospital. Un hospital que a pesar de todo segue aumenando en persoal neste o seu 10º aniversario.
De feito, o Comité, que vén solicitando a chegada dos celadores ao centro, acaba de convocar unha protesta na porta do hospital para mañá, xoves 23 de outubro ás 15:00, baixo o lema "Por unha verdadeira integración, xa" (referíndose á entrada na rede do Sergas do Hospital). Na imaxe vemos as protestas do ano pasado da sección de Enfermería.
E por que agora?, preguntaranse moitos traballadores do hospital e veciños da bisbarra. Segundo apuntan dende o Comité, a dirección está en plena campaña mediática con gallo de "tapar" as carencias do hospital, como listas de espera, postos de confianza nomeados sen coñecimento do comité, xestión económica discutible... a base de datos, que se ben son positivos en clave de crecimento do hospital, non son suficientes para os membros do comité.
Pazos resposta
O director falaba na Radio Nordés, e informaba das novas infraestruturas, como o novo paritorio. Ademais lembraba que o HVdX atópase por diante dos 7 mellores da rede sanitaria en listas de espera, e que os datos destea ano son mellores que os do ano pasado, e que cos planes de mellora que van atallar en breve agardan reducilas aínda máis.
Pazos referiuse ás revoltas do Comité, e sinalou que a dirección ten que seguir o seu camiño e que as competencias do Comité non deben chegar ata estas reivindiacións. Ademais, apuntou que cando non se quere, ver non se vé, en referencia a visión dos traballadores do comité.
Pazos asegura que o peche de ano será moi positivo, e que o hospital volverá estar entre os mellores da rede sanitaria galega.
Autor: Que pasa na costa
Elace: http://quepasanacosta.com/content/view/3282/26/