Busqueda (En Blog e Internet)

jueves, 24 de junio de 2010

Guillerme Vázquez queda atónito ante a falta de celadores do HVdX


Da reunión que mantivo o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, co Comité de Empresa do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, o que máis lle sorprendeu foi a carencia de celadores no centro.Nunca vira cousa tal Vázquez, quen se achegou pola vila da Xunqueira para coñecer de primeira man as demandas do Comité. Comité que leva loitando, polo menos por uns celadores, dende hai anos.

Celadores e radioloxía
Ademais que quedar atónito, asegurou por propio descoñecemento, polo problema dos celadores, Vázquez escoitou as demandas do Comité do HVdX. Xa anunciara o Comité de Empresa que a redución de gastos da Xunta sería fatal para o departamento de radioloxía do centro. Guillerme ratificou que pode ser un grave problema e que "os pagamos estas reducións seremos todos os galegos".

Privatización da sanidade
Vázquez reflexionou sobre a política de externalización e de privatización da Xunta no eido sanitario. Son "cousas preocupantes" segundo declarou Vázquez, a construción de novo ospitais ou os recortes orzamentarios de preto de 100 millóns de euros para a sanidade". Do mesmo xeito, quixo deixar claro que "para o BNG non é o mesmo o modelo sanitario público que o privado".

"Reducir gasto sanitario e non militar"
Unha das ideas que quixo deixar claro o voceiro do BNG é que "non é de recibo que a Xunta pida reducir gasto en materia sanitaria e non o faga en materia militar". "Ademais podemos comprobar como hai bodorrios, ceas, gastos públicos sen ton nin son, nos que están metida a Casa Real e non pasa nada", apuntaba Vázquez, que tamén sinalou a supresión das Deputacións como medio de aforro do gasto público válido.

Reforma Laboral
Falou tamén da reforma Laboral, que está a ser tramitada no Congreso dos Deputados. "O BNG votará que non, porque só permitirá abartar o despidocon fondos públicos, ademais. Esta medida non vai reducir a crise i é que a economía ten que servir para mellorar a calidade de vida". Ao tempo sinalou que "estamos a favor de reducir o soldo dos cargos públicos, pero non dos funcionarios".