Os medios de vixilancia postos en marcha por Sanidade por alerta por gripe AH1N1 permitiron identificar ata a actualidade, un total de 54 casos confirmados. | |
Na actualidade hai un total de tres persoas hospitalizadas. Trátase do menor de 4 anos ingresado na UCI do Complexo Hospitalario de Ourense que presenta outras patoloxías de base, mantén unha situación clínica estable e evoluciona favorablemente. Tamén permanece ingresada unha muller de 46 anos na UCI do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, que presenta patoloxías de base e conta cunha situación clínica estable; e un home de 42 anos, que está ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago cunha situación clínica leve. Cómpre sinalar que, atendendo aos protocolos recomendados pola Organización Mundial da Saúde e o Ministerio de Sanidade e Política Social, dende o momento en que se ten declarado o nivel 6 de alerta os traballos céntranse, máis que no número de afectados, na mitigación dos casos que se teñen producido, a través dun tratamento precoz e a prevención de posibles complicacións. Os servizos sanitarios da nosa Comunidade Autónoma continúan co seguimento coordinado e pormenorizado da situación. A Consellería de Sanidade dispón do teléfono de información 902 400 116, para clarexar calquera dúbida coa nova gripe. Autor y enlace: Xornal Galicia.com |