Busqueda (En Blog e Internet)

viernes, 30 de enero de 2009

O Comité do Hospital protesta en Santiago con firmas, concetración e rolda de prensa

Onte, xoves 29 de xaneiro de 2009, foi unha xornada de protesta en Santiago, pero con olor a hospiptal e a mar. Alí se desprazaban os membros do Comité de Empresa do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Por unha banda o Comité fixo entrega dunha recollida de firmas no Sergas, cunha concentración de apoio en Santiago por parte dos delegados provinciais da CIG-Saúde. Ao mesmo tempo todo aquel persoal do Hospital que quixese concentrarse na porta do Hospital podía facelo, en apoio a esta protesta en cuestión. E ao final, rolda de prensa.






Listas de área
A chave das protestas reside na creación das chamadas "listas de área", que provocan que, a partir das próximas listas de contratación temporal que saque o SERGAS, os traballadores do centro ceense dependerán totalmente da área de Coruña.
Isto obriga a todo o persoal eventual, e maiormente da zona, a terse que apuntar en ditas listas, poidendo ser chamados para calquera Hospital da área de Coruña. Se o teu fose enfermeira, por exemplo, e de Muxia, e quixeses seguir traballando no Hospital de Cee, terías que apuntarche nas lista xerais de Coruña, poidéndote chamar non só para Cee, se non que con toda seguridade para o resto de Hospitais da área Coruñesa (CHUAC, Materno Infantil, 061), así de claro no lo explica Chema Belmar, dende o Comité.
Consideran esta medida é un duro "pau" para o traballo na zona, xa que temos moitos compañeiros que son eventuais e residen aquí, e agora terán que desprazarse moitos quilómetros.
A problemática afecta a todos, xa que á inversa tamén afecta aos traballadores da Coruña, por exemplo, que terán que desprazarse para cubrir días a máis de 100 Km. nalgúns casos. E todo agravado polas normas de contratación temporal, nas que dicir que non, a un contrato SERGAS, sen causa xustificada (enfermidade ou estar traballando) é sancionable con pasar ao fondo da lista.
Rolda de prensa
Ao remate da concetración e unha vez entregadas as firmas, aproveitando que o Comité estaba en Santiago, a CIG cedeu un local para dar unha rolda de prensa, na que os diferentes grupos sindicais respostaron as declaracións ao Diario de Bergantiños do Xerente do centro en alusión á capacidade de traballo do Comité e do Servizo de Medicina Interna. As declaracións surxiron logo da denuncia interposta polo Comité, un Comité que asegura que "non persegue ningún obxectivo político", senón que "simplemente pide á Dirección que respete ao Comité e que defenda os intereses dos traballadores".
Na rolda de prensa, que vemos nas imaxes, estaban UXT, CIG e CSI-CSIF, Francisco Boullosa, Ana Lestón e José Carlos Trindade, respectivamente.
Paro Hospital
Ademais, na xornada de onte, os poucos membros do comité que quedaron en Cee, aproveitaron para apoiar dende a distancia cun pequeno paro ásportas do centro, como veñen realizando dende hai meses.



Comunicado do Comité de Empresa do HVdX de Cee


O Comité de Empresa do HVX unha vez esgotadas todas as vías posibles para a obtención de información sobre a actividade do hospital, decidiu interpoñer unha denuncia nos xulgados do contencioso-administrativo.
A raíz de que o Comité fai pública esta denuncia, o Director Xerente deste Hospital, inicia unha campaña de descalificacións hacia o Comité de Empresa en diferentes medios de comunicación.
En primeiro lugar, acúsasenos de que as críticas obedecen a un momento preelectoral e que os obxectivos que se buscan son políticos. O Comité de Empresa non persegue ningún obxectivo político, só queremos unha Dirección que respete ao Comité e defenda os intereses dos traballadores dentro da legalidade vixente. Iso non é máis que a excusa totalmente premeditada e realmente partidista, de alguén que o único que busca é encubrir a súa inoperancia e defender o seu cargo político a toda costa.
En segundo lugar, o noso Director Xerente enche a boca dicindo que se o xulgado do contencioso-administrativo tramita unha denuncia, que darán unha resposta adecuada á lei. Isto é totalmente falso, xa que tras tres requerimentos do Xuíz, o Hospital non remitiu documentación algunha, polo que o Xuíz decidiu xa autorizar ao noso avogado para tramitar o inicio do xuízo.
En terceiro lugar, acúsasenos de comportamento inmaduro e irresponsable, ao non destacar a faceta positiva dalgúns éxitos desta Dirección, como o que supuxo no mundo científico os fastos do X aniversario. É moi significativo e tamén bochornoso que nos fastos, como el os chama, se tivera que encher o salón de actos do Centro con dous autobuses de estudiantes da facultade de Mediciña. O Xerente confundiu o Aniversario do Hospital cunha homenaxe a súa persoa, organizando uns actos totalmente faraónicos para as posibilidades reais do noso centro, olvidándose dos verdadeiros protagonistas que non son máis que os traballadores do Centro, verdadeiros artífices de que este hospital funcionara durante estos anos.
En cuarto lugar, do aumento dos cadros de persoal e o incremento nos orzamentos, mérito que se quere atribuir, só contestarlle que a pesar de todo, os resultados son peores que cando éramos menos e con menos orzamentos.
E en quinto e último lugar, queremos manifestar o noso apoio ao servizo de mediciña interna polos ataques irresponsables que está recibindo do Xerente a través dos medios de Comunicación, así como facer un chamamento á poboación atendida polo noso hospital, de seguir confiando nos profesionais de dito servizo como viñeron facendo durante máis de dez anos.
Ante a gravidade das descalificacións vertidas polo noso Xerente contra este comité de Empresa, que non fan máis que mostrar públicamente unha realidade que vimos padecendo os traballadores do Centro, rexidos por unha actitude soberbia e dirixidos por unha xestión chea de despropósitos, pedimos públicamente o cese inmediato do Director Xerente do HVX, D. Francisco José Pazos Soto.
E dado que o Sergas é coñecedor dunha longa lista de reclamacións deste comité de Empresa, pedimos coherencia e facémolos directamente responsables de manter no cargo a unha persoa adicada a facer a súa vontade, sen escoitar as peticións do persoal, xerando desmotivación laboral nos traballadores que ven dificultada a súa labor debido a unha xestión que nunca estivo a altura do que precisaba e demandaba este hospital.
Nestos tempos de precampaña electoral, no que tanto se fala de responsabilidade política e de honradez, pedimos aos responsables políticos que sexan consecuentes coas súas promesas, e que tomen as medidas adecuadas para pór fin a todo isto.

Autor: Que pasa na costa