Busqueda (En Blog e Internet)

martes, 20 de enero de 2009

O Comité do Xunqueira demanda á dirección por "obscurantismo"

O Comité de Empresa Hospital Virxe da Xunqueira acaba de presentar unha demanda contra a dirección do Hospital logo de varios meses denunciando publicamente o "obscurantismo".
Causas
O Comité xa presentara a denuncia por "vulnerar a liberdade sindical" hai varios meses, a cal foi admitida a trámite o pasado 9 de decembro de 2008. Dende o Comité explican a denuncia por non seren informados das novidades do cadro de persoal aprobado no Hospital, os plans especiais de redución de listas de espera e outros datos de actividade", información, segundo apuntan, requerida varias veces pola presidenta.
Máis denuncias
O Comité avisa e asegura que "esta non será a única denuncia que se presente". Aseguran estar á espera dun "escrito no que se solicita información sobre o nomeamento, remuneración e funcións dos responsables Médicos", realizada pola Dirección sen ter, segundo o Comité, en conta "a normativa do Servizo Galego de Saúde.

Autor y enlace: Que pasa na Costa