O pasado vernes celebrábanse os actos do 10º aniversario do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Unha xornada que servíu para atraer a importantes axentes da Sanidade Pública, e que sería un momento perfecto para que unha reivindicación chegase mediaticamente.
Reivindicacións como as que levan tempo pedindo o Comité de Empresa do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, nas que solicita a adecuación do plantel ao Sergas, unha vez superada a era das Fundacións.
Así e todo, dende o Comité, logo de plantexar o tema entre todos os membros, decidiron non boicotear o acto, e con discreción, conseguiron entregar unha carta á Secretaria Xeral da Consellería de Sanidade, Dª Alicerce Fernández Romeu, quen se comprometeu a entregarlla á conselleira Maria José Rubio Vidal, unha cita que levan un mes solicitando, que sirva para que os celadores cheguen o antes posible, máis alá dos orzamentos do ano que vén.

Autor: Que pasa na costa