Busqueda (En Blog e Internet)

viernes, 6 de febrero de 2009

Mohamed Safa: "O conflito precisa un cambio radical na posición internacional"


O pasado venres 30 de xaneiro de 2009 foi unha xornada especial para os alumnos dos institutos ceenses. Foi unha xornada de reflexión, de reflexión aberta sobre a situación política mundial, partindo da análise que Mohamed Safa levou sobre o conflito palestino-isrealí na franxa de Gaza. O doutor é o representante da Organización pola Liberación de Palestina (OLP) no norte de España.
Un asunto complexo e moi interesante de analizar. Moi interesante é coñecer a visión da mocidade, a información que lle chega, e a imaxe que se crea un rapaz de 16 anos sobre o asunto.
Para coñecelo de preto e para dar outra visión moito máis achegada ao conflicto, o oftalmólogo palestino afincado en Corcubión, e traballador do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, Mohamed Safa, compartía a súa análise dos últimos acontencementos na franxa de Gaza, alén dun repaso histórico do conflicto.
Unha sesión que servíu para clarexar as ideas de moitos rapaces da zona, que por falta completa de interese, ou por recibir unha información sesgada históricamente non tiña un concepto claro da situación.
Unha iniciativa esta, a de Safa, moi valorada por toda a bisbarra. Un home comprometido co seu país ata este punto, compartindo a súa opinión baixo unha "dialéctica perfecta", como nos recoñecía algún alumno do instituto Fernando Blanco. Ademais, o doutor quedou satisfeito co grado de interese mostrado pola mocidade costeira.
Pero foi un do IES Agra Raíces o que se atreveu a facerlle varias preguntas e achegárnolas. Darío Domínguez, habitual colaborador desta casa, falou con Safa e preguntoulle as seguintes preguntas.
Como ve a resposta dos rapaces ante estas charlas?
A verdade é que me sorprendeu gratamente a atención e a participación, o grado e nivel das preguntas así coma a interese por saber, Nótase que eles seguiron algo polos medios do que ocorre e teñen as súas dudas e reflexións e para min foi unha ocasión boa porque isto permítenos transmitir a nosa propia realidade e a nosa voz cara eles.
En todo este tempo cal foi a pregunta que mais lle impresionou?
Ao longo de tanto tempo poucas pregunta sorprenden porque sempre xorden dunha interese por saber, e o saber non ten ningun límite. E por tanto eu estou disposto a contestar dentro do que podo e sei, dentro de todas as inquietudes ou dudas que se presenten, pois a xente pode estar impregnada dunha informacion alonxada da realidade.
Como cre que están tratando os medios de comunicación o conflicto?
Eu a verdade sigo moi atentamente os medios. É certo que non podemos enfocalo todos xuntos pero si que podían ser moito máis cercanos á verdade e non á verdade que estan procurando crear. Non deben tomar unha posición no medio culpando aos dous cando claramente hai unha vítima que é o pobo palestino e un verdugo que é o goberno israelí e aí xa non vale a vacilación nin as medias tintas, teñen que tomar unha posición e é a hora de que se comprenda que esa é a axuda que necesitamos, a solidariedade e o apoio dos demais para seguir coa nosa loita.
E xa para rematar.. Como ve o futuro mais inmediato do conflito?
Eu son unha persoa optimista por natureza pero neste caso sinceramente non vislumbro unha solucion cercana. Temos que ver un cambio radical na posición internacional para que poidan obligar a Israel a respetar a legalidade e só con iso poderiamos dar un primeiro paso cara a unha solucion pacifica ao conflito.
Autor y enlace: Que pasa na costa