Busqueda (En Blog e Internet)

viernes, 20 de febrero de 2009

A CONSELLEIRA DE SANIDADE ASEGURA QUE O CAMPO DA SAÚDE É UN PODEROSO XERADOR DE EMPREGO ESTABLE E DE CALIDADE


María José Rubio Vidal salientou que na coxuntura económica actual a defensa do sistema sanitario público faise máis necesariaAsí o asegurou na apertura do IX Congreso Federal de CCOO, onde salientou a importancia de que sindicatos e administración traballen conxuntamente. A titular da Sanidade pública galega salienta o compromiso co diálogo do Goberno galego, como o demostra o feito de que nesta lexislatura houbo 80 Mesas Sectoriais e 77 xuntanzas de comisións de seguimento...


Rubio Vidal destacou que co apoio dos sindicatos así como doutras organizacións e sociedades científicas puxéronse en marcha nos últimos anos proxectos de importancia como o Plan de Mellora da Atención Primaria de Galicia, que supuxo "máis financiamento, máis recursos humanos de todas as categorías, máis dispositivos tecnolóxicos, máis capacidade resolutiva e menos carga burocrática, grazas á gran implantación das tecnoloxías da información e a comunicación na sanidade, a Historia Única Electrónica, a Imaxe dixital e a Receita Electrónica, fundamentalmente".Nesta liña, a titular da Sanidade pública galega insistiu en que "buscamos o consenso e a concertación, sen regatear tempo ou esforzos e coincidindo sempre no fundamental, na defensa dunha sanidade pública sostible, de acceso equitativo, participada por axentes sociais, por profesionais e fundamentalmente pola cidadanía".Como exemplo dese compromiso coa busca do consenso, a conselleira de Sanidade indicou que no transcurso desta lexislatura celebráronse 80 reunións da Mesa Sectorial e 77 xuntanzas de comisións de seguimento, coa participación dos sindicatos en todas elas. A conselleira de Sanidade lembrou aos asistentes do Congreso Federal de CC.OO. de Sanidade a dobre responsabilidade que teñen os sindicatos no campo da saúde. Así, dunha banda está "a defensa dos traballadores do sector da saúde, das súas condicións de traballo e a satisfacción dos seus desexos de progreso laboral, económico, formativo e profesional". Por outra banda, Rubio Vidal salientou que outra faceta do campo da saúde é a da "responsabilidade ante a cidadanía, en relación á súa saúde ea o seu benestar".


María José Rubio Vidal explicou que "son os profesionais o rostro humano do noso sistema sanitario e a fachada da sanidade pública, o ingrediente fundamental para que os cidadáns se formen unha opinión positiva da mesma". E neste contexto incidiu que "a nosa organización máis alá do coñecemento e da tecnoloxía, susténtase sobre o seu maior activo, o capital humano, e deste depende principalmente o seu prestixio".
Puedes leer el resto de la noticia picando aquí: Novas da Xunta