Busqueda (En Blog e Internet)

sábado, 15 de noviembre de 2008

«A obesidade é un dos factores máis importantes na aparición dunha diabetes»


beatriz cigarrán Endocrinóloga do hospital de Cee




Onte celebrouse o Día Mundial da Diabetes. Beatriz Cigarrán, endocrinóloga do hospital de Cee, falo en RadioVoz sobre esa enfermidade e a súa incidencia.
-¿Temos que preocuparnos coas cifras de incidencia?
-Si que debemos preocuparnos, igual que temos que ter en conta cada vez máis que hai unha poboación con sobrepeso e outros factores de risco asociados. -¿Cales son as causas desta enfermidade? -A obesidade é un dos factores máis importantes na aparición da diabetes, sobre todo na diabetes de tipo dous. -¿Que se pode facer para previla? -O primeiro chanzo é a prevención. E o primeiro é a dieta e o exercicio diario ou polo menos tres días por semana. -¿é a obesidade un problema grave? -Sen dúbida. España é o primeiro país de Europa en obesidade infantil. -¿E na comarca? -Os datos son similares. Pero estou contenta co que os meus pacientes fan.
Autor: La Voz de Galicia.