Busqueda (En Blog e Internet)

sábado, 15 de noviembre de 2008

O Comité do HVdX solicita unha cita con Sanidade


Logo de varios paros e de ver que as prtestas tan só serven para sair á opinión pública, o Comité de Empresa do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee decidiu solicitar unha reunión coa Conselleira de Sanidade.
O Comité tamén solicitou a recursos humanos do SERGAS a adecuación do persoal ao mesmo nivel que o resto de Hospitais Comarcais, alén dos pertinentes pagos dos atrasos. Os membros do Comité avisan: Mentres algún de nós, siga facendo o traballo doutros, (...) este Comité de Empresa seguirá facendo ruído e pelexando, por un motivo moi simple: Sabemos que pedimos algo xusto.
Autor: Que pasa na costa.


Comunicado do Comité:


Dado que aquí, coa actual Dirección do H.V.X, parece ser que non estamos resolvendo gran cousa, fai unha semana o Comité de Empresa decidiu solicitar unha reunión coa Conselleira de Sanidade.
Aquí (no blog) publicamos dita solicitude, e seguimos aínda á espera dunha resposta satisfactoria.
Tamén se solicitou a RR.HH. do SERGAS a adecuación do persoal ao mesmo nivel que o resto de Hospitais Comarcais, e o consabido pago dos atrasos e recoñecementos profesionais desde que estamos integrados como persoal Estatutario.
Algunha das solicitudes, como os Nomeamentos, xa chegaron a esta, e a outras Fundacións ao longo de toda esta semana pasada, pero aínda así, entendemos que nos queda unha gran parte do camiño por andar.
Mentres algún de nós, siga facendo o traballo doutros, pola simple razón de querer aforrarse a contratación de máis persoal (e isto non vén de agora coa "redentora crise" como xustificación, e salvación de todos os males, xa que levamos 10 anos así), este Comité de Empresa seguirá facendo ruído e pelexando, por un motivo moi simple: Sabemos que pedimos algo xusto.
En total foron tres escritos con rexistro de entrada en RR.HH. do SERGAS, parte dos cales expomos nesta pagina.