Busqueda (En Blog e Internet)

jueves, 16 de julio de 2009

Máis dun centenar de veciños maniféstanse en Cee por un decente servizo de pediatría

O mesmo día que a Xunta o aumento da xornada da pediatra de Cee, os veciños de Cee manifestan o seu malestar polo deficiente servizo. Xa son 5 meses nos que tan só 3 días á semana se ofrecía este servizo no Centro de Saúde de Cee, polo que as familias estaban nunha complicada tesitura.

A posición das familias vense agravada por outro dos problemas máis importantes que hai na vila da Xunqueira. O peche da escola infantil privada de Cee deixa orfos dun centro educativo a moreas de cativos.

Ante todo isto, a veciñanza ceense manifestouse hoxe, mércores 15 de xullo de 2009. Acodiron máis dun centenar de veciños cos seus pequenos para alzar a voz e pedir á Xunta que escoite as demandas do pobo. Semella que algo escoitou e o servizo comezará a traballar xa 5 días á semana, de luns a venres en horario de mañá.

Image


Más sobre esta noticia en: Que pasa na Costa