entrevista lois lópez gutiérrez Supervisor da Área de Urxencias, Hemodiálese e Consultas Externas do hospital Virxe da Xunqueira
Autor: La Voz de Galicia.
Lois López Gutiérrez é o supervisor da Área de Urxencias, Hemodiálise e Consultas Externas do hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Onte impartiu unha charla en Corcubión titulada Bo uso do sistema sanitario. Este médico estruturou a súa conferencia en tres eixos fundamentais. En primeiro lugar, falou de como se chegou ao sistema sanitario que funciona actualmente no noso país, despois tratou dunha enquisa nacional de Sanidade, na que se evalúa a situación deste sector hoxe en día e, por último, explicou os problemas que ten o actual sistema sanitario.
-¿Quen son os que usan mal o sistema sanitario, os pacientes ou os profesionais?
-Todos o usamos mal e todos temos moito que aprender e, ademais, ten que mellorar a relación entre o médico e o paciente. Hai que partir da base de que a atención primaria é a porta de entrada da sanidade, a onde se debe acudir en primeiro lugar, aínda que debemos recoñecer que temos escaseza de recursos humanos. Os enfermos crónicos poden levar o seu seguimento na atención primaria. É importante saber a onde temos que acudir. Abusamos das urxencias.
-¿A que se debe este mal uso do sistema?
-Os profesionais deberiamos facer fincapé na prevención das enfermidades para evitar un uso indiscriminado do sistema sanitario. Debemos acercarnos á poboación, fomentar hábitos saudables e familiarizarse coa sintomatoloxía. Ademais, os pacientes deben saber que en urxencias son atendidos por un médico de urxencias, non por un especialista. Non son tampouco os únicos culpables os pacientes e os médicos, os políticos tamén teñen parte de culpa. Deben atopar estratexias o antes posible, e mellorar a xestión dos hospitais.
-Pero tamén as listas de espera son un gran problema.
-É certo, as listas de espera son un gran problema, debido, sobre todo, a que hai moita poboación envellecida. Tamén temos un tempo de atención mínimo para cada paciente, para coordinar. Eu penso que hai distintas fórmulas coas que se podería mellorar a situación. Coa prevención, cunha mellor eficiencia nos hospitais, pero, sobre todo, coa fórmula do copago. En España, unha parte dos medicamentos son pagados polo propio paciente, e o mesmo se podería facer coas consultas, pagar unha parte, en función de determinados baremos, como a renda ou a situación familiar de cada un.
-¿Cales son os que máis acoden ás urxencias, os vellos ou os novos?
-Sobre todo os máis maiores porque os novos teñen máis información.
-¿E como está a situación na Costa da Morte?
-O problema nesta zona é a falta de recursos. Os profesionais teñen maior reticencia a traballar na Costa da Morte, e séntense máis atraídos pola Coruña. Pero aquí tamén necesitamos facultativos, os veciños da zona teñen dereito a unha sanidade de calidade.
-Vostede é o supervisor, ademais, da área de hemodiálise, onde se atenden aos enfermos de insuficiencia renal filtrando o exceso de líquidos e substancias tóxicas do organismo. ¿Afecta a moita poboación?
-Nestes momentos temos sete pacientes, que atendemos luns, mércores e venres. Aínda que o número varía, porque algúns danse de alta porque reciben un transplante. Creo que son moitos os afectados, pero o número non aumenta, e mantense semellante nos últimos anos. Tamén é certo que a poboación envellecida é máis propensa.
-¿Como se pode previr a insuficiencia renal?
-Cada caso é distinto, pero o mellor método é a hidratación. Estas patoloxías afectan aos maiores sobre todo porque beben pouco, e a deshidratación provoca fallos renais.